Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia
Camiño Currás nº 34 - San Miguel de Oia
liradesanmigueldeoia@gmail.com
619 81 91 52
Sucedéu
A agrupación participa en distintos festivais por toda a Península Ibérica,fai intercambios culturais con outras asociacións de Galicia, Portugal e Valencia e realiza convenios de colaboración con asociacións de veciños, Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra. Den
No ano 2002 e coincidindo co seu 70 aniversario, acada o 3º premio no Certamen de Bandas Ciudad de Cullera, o 1º premio na modalidade de pasacalles e o 2º premio no Certame de Bandas da Deputación de Pontevedra. En 2003 logra o 3º premio no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia. No 2004 otén o 3º premio no Certamen de Bandas de Música Villa de Leganés en 2005 alcanza o 1º premio e o premio á mellor interpretación no Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra e toma a batuta da banda D.Javier Gónzalez Lamas ata o ano 2013.
No ano 2008 fai un intercambio cultural coa Academia Banda de Música de Ourém–Fátima (Portugal) e un encontro con Bandas da provincia da Coruña en Arzúa.
Na actualidade a agrupación conta cunha escola de música na que hai case 100 alumnos estudando solfexo e instrumento nas especialidades de vento-madeira, vento-metal, percusión, canto e solfexo, tendo como obxectivo final, a formación de músicos para a súa incorporación a banda ou a outros tipos de actividades musicais .Dende comenzo do ano 2019, dirixe a Banda D. Pedro Villarroel González.

