Banda de música de Vilatuxe

Banda de música de Vilatuxe

Foi fundada no ano 1942, por 12 mozos ilusionados por formar unha agrupación musical, enchendo así o valeiro cultural que existía ata aquel momento na súa parroquia sen deter a súa actividade musical ata a actualidade, a pesar das dificultades que supuxo a emigración durante os anos da postguerra. 
Ó longo da súa historia, contou con numerosos directores, entre os que destacan: D. Enrique García Rey, autor da rapsodia Galega Nº1. D. Xosé Barros Sada, D. Ramón Vigo Deza e D. Jaime González Pichel. 
A Asociación Cultural Banda de Música de Vilatuxe ten como principais obxectivos a dinamización e potenciación da cultura musical bandística no ámbito rural sendo o seu principal interés a formación interna dos seus compoñentes. Froito deste traballo, xurden as bandas Xuvenil e Infantil de Vilatuxe. 
GALARDÓNS: 
Son varios os premios acadados. Cabe destacar os últimos e que dan idea da gran etapa que está vivindo a Banda: 
  • 3º Premio da 3ª sección no 12º Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2012). 
  • En 2013, participou no prestixioso Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia, quedando no 4º lugar da 2ª sección. 
  • 1º Premio da Sección 3ª do 7º Certame de Bandas de Música de Galicia. (2013) 
  • 3º Premio da Sección 2ª do 9º Certame Galego de Bandas de Música Populares.(2015)
  • 1º Premio da Sección 3ª do 11º Certame Galego de Bandas de Música Popularesacadado coa súa Banda Xuvenil. 
  • 2º Premio da Sección 1ª do 13º Certame de Bandas de Música de Galicia. (2019) 
Dende o ano 2009, D. Victor Manuel Vilariño Salgado, está á fronte das labores de dirección das tres agrupacións e é mestre nas actividades de formación interna da Asociación. 
O 2019 representou un ano de gran relevancia para a Asociación Cultural Nova Banda de Música de Vilatuxe posto que celebrou o seu 75 aniversario cun gran número de actividades, que poñen en valor a labor músico-cultural que dita Asociación desempeña no municipio de Lalín e na Comarca do Deza.