Banda de música Popular de Muimenta
Muimenta s/n
antonioprieto609@gmail.com
609223314
A Banda de Música Popular de Muimenta, decana do Concello de Lalín, constitúese sobre o 1875, sendo unha das máis antigas de Galicia.
O seu fundador foi José Vilariño García, sendo relevado na batuta polo seu fillo José Vilariño Vilariño, ao que sucederon como directores Eliseo Pedreira Fernández, Secundino Pedreira Prado, Manuel Gato Soengas, Cándido Alvarado Fernández, Anatole Pallás Fuertes, Higinio Gil Rodil, José Luis Pedreira Vilariño, José Luis Represas Carrera, José Bugallo Senra e Alberto Iglesias Paz. Dende o ano 2020 o seu director é Víctor García Rodríguez.
A banda é contratada polas comisións de festas de pobos e concellos para actuar en pasacalles e concertos ao aire libre, compaxina verbenas con outras bandas e orquestras de toda Galicia, actuando en León e Asturias en territorio nacional e en Portugal.
Interviu en programas da Televisión de Galicia, (Ruada, Palco da Música, Galicia Enteira, Luar, etc), así como en gravacións para a “Radio Galega”, que posteriormente foron emitidas en antena nos programas “A Nosa Radio” e “As Nosas Bandas de Música”.
Nos anos 1997, 2000 e 2003, respectivamente
No ano 2013, a Asociación Cultural Lalinense “A Carballeira de Cercio”, con motivo da celebración dos “IX Premios Defensa da Cultura Tradicional” (Concello de Lalín), concede á Banda de Muimenta o premio “A Carballeira”, por manter a tradición das Bandas de Música Populares de Galicia, destacando sobre todo a longa existencia da formación máis antiga do Concello de Lalín.

