Banda de música cultural de Mondariz
R/ Pé do Muíño s/n - Riofrío
bmcmondariz@gmail.com
https://bmcmondariz.wixsite.com/bmcm
986656573
No ano 1995 A Banda de Música Cultural de Mondariz ofreceu o seu primeiro concerto para os pais dos novos integrantes, baixo a batuta de D. Bautista Mariño. No ano 1995 contratouse a D. Manuel Iglesias Ramilo Baixo a súa batuta participou nos anos 2001, 2002 e 2003 no Certame Provincial de Bandas de Música Populares “Deputación Provincial de Pontevedra” na sección terceira .
En novembro do 2008 participou no II Certame Galego de Bandas de Música, tamén neste ano gravou o seu primeiro CD con repertorio popular e de baile e participou en diversos festivais zonais de bandas de música.No ano 2009 D. Manuel Carballo Pastoriza tomou o relevo da batuta continuando coa participación no festival zonal de bandas de música en Tui.
Xa no ano 2014 D. David Pérez Trigo asumiu a dirección artística e musical da Banda ata a actualidade. No ano 2016 se organizou a gravación en directo do concerto do 20 aniversario con un repertorio enriquecedor e cheo de sorpresas. Motivados por mellorar e sorprender ao público a Banda de Música ofrece un amplo repertorio nos seus concertos.
Dend

