Ateneo Musical de Bembrive

Ateneo Musical de Bembrive

Creado o 1 de outubro de 1994 baixo a iniciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, quen con 20 nenos e nenas inicia a sua andaina. 

En febreiro de 1996 asume este reto D. Javier González Lamas, creando unha escola de música. 
O 19 de decembro de 1996 actúa por primeira vez no auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, pero non é ata o 6 de febreiro de 1999 cundo fai a sua presentación oficial, sendo apadriñada pola banda de música Agrupación musical do Rosal. O 30 de maio de este mesmo ano se presenta no auditorio do Concello de Vigo.  
A partir de aquí os concertos se empezan a facer cunha maior asiduidade , poidendo destacar os seguientes: concierto de veran na Alameda do Torreiro de Bembrive, actuando conxuntamente coa banda de música La Primitiva de Rafael Buñol, concerto de solistas no auditorio do Centro Cultural Caixanova, inauguración do novo auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, etc. 
Tamén son de destacar as suas actuacions en diversos festivais tanto en España como en Portugal como o demostran os concertos realizados no Norte de Portugal así coma en Navarra e Toledo. 
En 2019 otorgaselle a insignia “mazá de ouro” pola súa labor social, educativa e cultural, asi como tamén realiza a estrea en exclusiva de duas obras : “Himno de Bembrive” e “Cachafondo” de Marcos Castro. 
Participe asiduo en certámes obtendo diversos galardons:

  • 3er premio no Certamen Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2003. 
  • 2do premio no Certamen Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2004. 
  • 3er premio no I Certame zonal de Bandas da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en 2008.
  • 3er premio no Certamen Provincial de Bandas de Música en 2008.
  • 4to premio no II Certamen de Bandas de Música de Galicia en 2008.
  • 1er premio no II Certamen zonal de Vigo da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en 2009.
  • 3er premio no Certamen de bandas de música de Pontevedra en 2009.
  • 2do premio no Certame zonal de bandas de música de Vigo no 2010.

Dende xaneiro de 2020 asume a dirección da banda D. Iván Carreira.