Banda Cultural e Recreativa das Pontes
Avda. de Castelao nº 46-50
bandadaspontes@gmail.com
678733291
Levadas a cabo as xestións necesarias para dito fin, conqueríuse que, a principios de Abril do ano 1987, comezasen os ensaios da agrupación baixo a batuta do mestre D. Herminio Prieto Castro, realizándose a presentación da Banda no Cine Alovi, o 25 de Outubro do mesmo ano.
Leváronse a cabo actuacións ó longo de toda a xeografía galega, outros puntos de España e varios países veciños; festivais e certames de grande sona; procesións marítimas, procesións como as de Semana Santa en Zamora, concertos conxuntos con outras agrupacións como Masas Corais, Bandas de Gaitas, Rondallas, Ballets. Tamén concertos líricos, didácticos, participacións en programas da RTVG e da TVE, etc.
A Banda das Pontes organizaciou o primeiro Curso de Dirección de Bandas en Galicia, patrocinado polo IGAPE e a Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Tamén cabe salientar o gran orgullo que para esta agrupación supuxo a recopilación e investigación que deu lugar á reaparición e presentación do antiguo Himno de As Pontes.Foron varios os directores que pasaron por esta agrupación, destacando a presencia de D. Juan Bernat que estivo á fronte da agrupación durante 15 anos. Neste período fundouse a Escola de Música, fonte de formación actual dos compoñentes da agrupación bandística e a Banda Xuvenil, que é a agrupación onde os nenos adquiren máis coñecementos para acceder á Banda Cultural.
Dende o ano 2010, a Banda está dirixida por D. José Lodeiro Gesto. Esta agrupación conta actualmente con 40 músicos. Durante este período cabe destacar a celebración do 25 aniversario da Banda na que participaron tanto membros actuáis coma outros que pertenceron á agrupación nalgún momento, a organización do I Curso Musical Vila das Pontes que tivo lugar durante a primeira quincena do mes de Xullo do 2016 e a presentación no “Certame Internacional de Bandas de Musica” en Benavente (Castela e León) no mes de Xullo do 2020.

