Banda de música cultural de Mondariz

Banda de música cultural de Mondariz

A historia da banda de música Cultural de Mondariz remóntase ao 1993 ano no que o alcalde D. Juan Reboreda Enriquez reuniu a antigos compoñentes da Banda de Música Municipal de Mondariz e da Música de Villasobroso, para proporlles a creación dunha nova colectividade musical que volvese a levar o nome de Mondariz por toda a xeografía galega. 
No ano 1995 A Banda de Música Cultural de Mondariz ofreceu o seu primeiro concerto para os pais dos novos integrantes, baixo a batuta de D. Bautista Mariño. No ano 1995 contratouse a D. Manuel Iglesias Ramilo  Baixo a súa batuta participou nos anos 2001, 2002 e 2003 no Certame Provincial de Bandas de Música Populares “Deputación Provincial de Pontevedra” na sección terceira . 
En novembro do 2008 participou no II Certame Galego de Bandas de Música, tamén neste ano gravou o seu primeiro CD con repertorio popular e de baile e participou en diversos festivais zonais de bandas de música.No ano 2009 D. Manuel Carballo Pastoriza tomou o relevo da batuta continuando coa participación no festival zonal de bandas de música en Tui. 
Xa no ano 2014 D. David Pérez Trigo asumiu a dirección artística e musical da Banda ata a actualidade. No ano 2016 se organizou a gravación en directo do concerto do 20 aniversario con un repertorio enriquecedor e cheo de sorpresas. Motivados por mellorar e sorprender ao público a Banda de Música ofrece un amplo repertorio nos seus concertos. 
Dende os inicios da banda de Música Cultural de Mondariz organiza anualmente un encontro de bandas no que participan unha ou dúas agrupacións invitadas.