Banda de música Unión de Lantaño

Banda de música Unión de Lantaño

A Banda de Lantaño fúndase no 1870 por Ricardo Candán Fernández. Despois prodúcese unha división e xorden a banda “dos Vilas”, baixo a batuta de Álvaro Vila, e a “dos Pozas”, cos irmáns Vázquez Poza. As dúas agrupacións únense no 1939 para formar a “Unión de Lantaño”. Até este ano pasaron pola banda directores como o Mestre Fiuza e Andres Blanco Rebornecho. A época dourada é froito do labor de D. José Laguarta Gracia que dirixe a banda dende 1944 durante 35 anos. A “Unión de Lantaño” é unha das máis famosas bandas de Galicia. 

No 1950 prodúcese unha escisión na que se forma a “banda dos Rebeldes”. Foron directores Joaquín Montañés, Emiliano Bell e Waldo Tagore. En 1978 toma a batuta D. Ricardo Trinidad, en 1990 D. Javier Gargallo, no ano 1993 D. Ignacio Estévez, no 1999 D. Santiago Neva Curtido, en 2003 D. Emilio Vilas Quintela e de 2006 a 2017 D. Nicolás Leiro Álvarez. Na actualidade o director é D. Alejandro García Pacheco.

A banda conta con premios no Certame de bandas de Santiago (1º premio,1912), concurso de Ferrol (1º premio, 1934), concurso de Santiago (2º premio, 1934), concurso de Bandas de Pontevedra (1º premio en 1935 e 1946), concurso de Bandas en Ourense (3º premio,1949), concurso zonal de Bandas da Deputación de Pontevedra (2º permio na terceira sección en 2008 e 2009) e Certame de bandas da deputación de Pontevedra (3ª sección, 2º premio en 2008 e 2010).

Participa festivais organizados por bandas de toda Galicia. Colabora no Festival de Bandas de Portas e colabora coa Escola de Música da Asociación Santa Cecilia de Portas. 
Actuou na radio e televisión en “Desde Galicia para el Mundo” de TVE, “Galeguidade” e “Luar” de TVG, “Concerto Popular” e “Un día de radio” da Radio Galega. 
No 2004 realizou un intercambio coa Banda de Vilanova de Azemeis. En 2017 actúa na “Solemne Sesión do Parlamento Galego” Homenaxe a Domingo Fontán coa soprano Marina Penas e na presentación oficial da Biografía de Domingo Fontán.
No 2018 actúa con Adrea Pousa interpreta por primeira vez en galego “Don´t cry for me Argentina” do musical Evita, o Himno Galego e colabora co Bruxo Queiman. Na homenaxe do Consello da Ciencia de Galicia a Domingo Fontán en Porta de conde Portas. A banda fai un concerto extraordinario coa soprano Marina Penas, o Coro Domingo Fontán de Portas e o Coro de San Pedro de Cornazo. No ano 2019 realiza unha xira por Galicia co espectáculo “Amantes da terra” coa compañía “Queiman e Pousa”.
Dende 2020 ten posta en marcha unha escola de Música en Portas.