Banda de música de Vilalba
Rúa Pepe Guntín s/n
bandavilalba@gmail.com
650493898
Tras varios anos de clases de linguaxe musical e de que o Concello mercase os instrumentos, ten lugar na Semana Santa de 1990 a primeira actuación desta banda, e o 14 de abril de 1991 a súa presentación oficial, constituíndose xa como Asociación Cultural.
Neste
A andaina desta Asociación pasa por actuacións en toda a xeografía galega, Asturias, León e Portugal ben sexa mediante intercambios con outras bandas, contratacións por distintos concellos e circuítos culturais patrocinados por Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais, Federación Galega de Bandas de Música Populares e Concello de Vilalba. Caben destacar actuacións na Televisión de Galicia, Radio Galega e Televisión Española en Galicia así como as dúas gravacións editadas, unha no ano 1995 e a última no ano 2000 co gallo de X Aniversario desta Asociación.
A finalidade principal desta Asociación pasa pola difusión e promoción da música, neste caso da música de bandas tan tradicional no noso país, para o que contamos coa axuda do Concello de Vilalba.

