Banda de música municipal de Brión
Carballeira de Santa Minia nº 2
bandademusicadebrion97@gmail.com
650537070
Comenza a súa andaina no ano 1997 da man de D. Ricardo Noia Vidal, continuando pola labor desenvolta da desaparecida Banda de Música Luaña, Banda moi antiga e recoñecida en Galicia e fundada en 1914. A súa labor foi a de director e tamén profesor de solfexo e coñecemento do instrumental de varios xóvenes que aínda hoxe compoñen a Banda.
Esta agrupación está formada na súa mioría por xóvenes músicos que proceden principalmente da Escola de Música do propio Concello. Todos eles cunha grande experiencia musical en interpretación de diversos estilos de obras,música clásica, moderna, bandas sonoras etc.
A Banda de Música de Brión está a participar en todo tipo de eventos: festas, certames musicais, festivais, concertos, etc. por toda Galicia. Fora da nosa Comunidade participou en dous festivais na veciña Portugal e outro en Granada no festival internacional de Ojíjares.
Tamén destacar a súa participación na TVG, nos programas Galicia para o Mundo e Luar, e tamén un concerto conxunto coas Bandas de Lousame e Outes no Auditorio de Galicia baixo as directrices do proxecto BRILOU.
A día de hoxe a Banda Municipal de Brión trata de levar a cabo un traballo que lle permita acadar día a día unha mellor calidade musical e técnica, reflexada nun disco gravado no ano 2009 e que tivo gran éxito de acollida.

