BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Federación Galega - ECPv5.10.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Federación Galega
X-ORIGINAL-URL:https://bandas-new2.proxectos.eu
X-WR-CALDESC:Events for Federación Galega
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20210925T190000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20210925T200000
DTSTAMP:20260411T201038
CREATED:20210925T170034Z
LAST-MODIFIED:20211110T184139Z
UID:3238-1632596400-1632600000@bandas-new2.proxectos.eu
SUMMARY:Banda Artísitica de Arcade
DESCRIPTION:O país das bandas  > Banda Artísitica de Arcade \nBanda Artísitica de Arcade\nCortegada\, Ourense\, España \n\n25 Setembro 2021\, 19:00 \nDescrición\n\n\n\n\nANO DE FUNDACIÓN: 1868\nDIRECTORES MÁIS DESTACADOS:\n– Antonio Perdiz\n– José Pereira\n– Baldomero Franco\n– Manuel Bouzón Casal (o que máis tempo estivo ó fronte)\n– Adonis Ferreiro\n– Ramón Seara\n– Oscar Orge Vidal\n– Iván Maia Boullosa (actual director dende o ano 2006) \nFundada no ano 1868 por Antonio Perdiz que contaba cuns dez músicos. A primeira festa que fai esta Banda é a de San Caetano no Castelo de Soutomaior sendo propietario naquela o Marqués Vega de Armijo. \nNo ano 1876 faise cargo da banda un músico redondelán chamado José Pereira ata o ano 1890 que o sucede o seu fillo. No ano 1928 faise cargo da banda D. Manuel Bouzón Casal\, músico do Estado Maior da Armada que é o que cambia todo o repertorio e sobre todo a organización da Banda. No ano 1935 implantou o uniforme azul para a Banda e cambia a denominación da mesma xa que antes chamábase “Popular”. No ano 1948 constrúese a cada academia coa axuda dos veciños. No ano 1974 Manuel Bouzón retírase e ocupa o seu posto Adonis Ferreiro case cinco anos. \nNo ano 1978 faise cargo da Banda Don Ramón Seara Otero\, que é cando a banda sofre profundos cambios (novo instrumental pasando ó diapasón normal\, amplificación\, gaitas e estatutos polos cales se vai a rexer a Banda). \nNo ano 1997 faise cargo da banda Oscar Orge Vidal durante 9 anos. No ano 2000 a asociación da banda funda a escola de música. No ano 2005 e por iniciativa de Iván Maia fúndase a Banda xuvenil con só nove músicos. \nNo ano 2006 faise cargo da Banda D. Iván Maia Boullosa sendo actualmente o seu director co que se\naumenta o número de membros da banda e reducindo a media de idade ata os 18 anos. Tamén retoma o seu papel de banda orquestra fundada 30 anos atrás e desaparecida fai unha década. A día de hoxe conta con máis de setenta alumnos dende os catro ós oitenta anos\, 16 profesores e máis de 15 alumnos acabando os seus estudos nos distintos conservatorios de Galicia. \nIVÁN MAIA BOULLOSA\nNaceu en Paredes – Vilaboa en 1982. Emprende a súa carreira musical con 8 anos da man de D. Carlos Abal Mobilla na Banda Artística de Arcade. \nDous anos máis tarde ingresa no CMUS Profesional de Música de Pontevedra\, onde en 2002 consegue o título de profesor de Grao Medio con mención de honra na especialidade de clarinete\, a primeira ata a data. \nTen realizado cursos de perfeccionamento con solistas mundiais pero é no ano 2005 cando é convidado por D. Walter Boeykens a participar nunha Masterclass en Bruxas (Bélxica)\, onde volverá en 2006\, 2007 e 2008. \nTen colaborado con Rutas del Románico con concertos de solista nos anos 2005\, 2006\, 2007\, 2008 e farao de novo en 2014. Tamén é chamado para colaborar con diferentes Bandas Galegas como: Banda Cultural de Salceda de Caselas\, Unión Musical de Ponteledesma\, Banda de Música de Lalín\, Banda de Música de Salcedo\, Banda de Música de Pontevedra\, Banda Municipal de Vilagarcía\, Banda Municipal de Ourense\, etc.\nFoi solista da Orquestra Clásica\, Sinfonieta de Vigo e da Banda Municipal de Pontevedra. \nProfesor de clarinete na Escola Municipal e no Conservatorio Elemental de Cambados durante os anos 2004/2005/2007. \nEn 2008 e 2009 traballa de profesor na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Profesional de Cangas do Morrazo\, onde realiza a tarefa de profesor de Vento-Madeira (frauta\, clarinete\, fagot\, saxofón e óboe). \nDurante os cursos 2008/2009\, 2009/2020\, 2012 traballa para a Xunta de Galicia como profesor de clarinete no CMUS Xan Viaño de Ferrol\, CMUS Profesional da Coruña e CMUS Superior da Coruña. \nEn 2010 é seleccionado para ocupar a praza de profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa onde entre outros méritos:\n● Consegue o 100% de aprobados no acceso a Grao Superior.\n● Crea o grupo de cámara de clarinetes Chalumiaux\, co que consegue gañar a III Mostra do Eixo Atlántico na modalidade de Cámara\, representando ao Centro e ao Concello en distintos eventos. \nFoi solista da Orquestra Sinfónica de Melide\, da Banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares\, Banda Filarmónica de Galicia\, dos grupos de Cámara Chalumiaux\, Fois al trío e Reeds Tuns. \nDirector da Escola de Música Artística de Arcade ata agosto de 2019 e da Banda de Música Ateneo Musical de Bembrive (Vigo). \nEstudou Dirección de Banda con D. Francisco Pérez Rodríguez\, profesor do CMUS Superior de Vigo e Director das Bandas Municipais de Ourense e A Lira de Ribadavia\, e dirección de Orquestra con D. Miguel del Castillo\, director da Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo (Portugal). \nA día de hoxe é:\n● Director da Banda de Música Artística de Arcade.\n● Profesor de clarinete\, orquestra e asignaturas complementarias e estuda dirección de Banda na EGADIB (Escola Galega de Dirección de Banda) \nPrograma do concerto\n– Siete rosas (pd) (Alejandro Rodríguez Fernández)\n– Airiños aires (Gustavo Freire)\n– La leyenda del beso (R. Soutullo e Vert)\n– La del soto del Parral (R. Soutullo e Vert)\n– Lalín (pd) (Iván Maia Boullosa)\n– Rumba para Susi (Ernesto Campos)\n– Namoriqueira (muiñeira) (J. Carracedo)\n– Puenteareas (pd) (Reveriano Soutullo)\nBis: O Carrizo (pd) (José Pérez Arias)
URL:https://bandas-new2.proxectos.eu/evento/banda-artisitica-de-arcade/
LOCATION:32500 Carballino\, Ourense
CATEGORIES:País das bandas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://bandas-new2.proxectos.eu/wp-content/uploads/2021/08/por-defecto-img.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR