BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Federación Galega - ECPv5.10.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Federación Galega
X-ORIGINAL-URL:https://bandas-new2.proxectos.eu
X-WR-CALDESC:Events for Federación Galega
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20210926T130000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20210926T140000
DTSTAMP:20260411T201342
CREATED:20210926T110024Z
LAST-MODIFIED:20211110T184048Z
UID:3218-1632661200-1632664800@bandas-new2.proxectos.eu
SUMMARY:Banda Ateneo Musical de Negreira
DESCRIPTION:O país das bandas  > Banda Ateneo Musical de Negreira \nBanda Ateneo Musical de Negreira\nCasa da Cultura de Bertamiráns\, Praza Chavián\, 1\, 15220 Bertamiráns\, A Coruña\, España \n\n26 Setembro 2021\, 13:00 \nDescrición\n\nComenza a súa andaina no mes de xullo do ano 1998\, cando da mano do director da Escola Municipal de Negreira\, Vicente Martín Arastey\, reúnese o escaso número de alumnos de entón para formar unha agrupación musical. Dende ese momento son moitas as actuacións a cargo da banda: concerto de inauguración das novas instalacións da cooperativa de Feiraco ante o presidente da Xunta de Galicia\, gravación para o programa internacional Galicia Enteira da televisión de Galicia\, As Pontes de García Rodríguez\, Candeán\, Santiago de Compostela\, Cee\, Corcubión\, Corme\, As Somozas- Ferrol\, Vimianzo\, Mugardos\, participación en festivais: Pontecesures\, Lousame\, Brión\, … nas que a banda puido presentar un repertorio constituído por unha gran variedade de estilos musicais: música popular\, música cinematográfica e incluso tivo a honra de estrear obras de xóvenes compositores gallegos. A actuación estrela produciuse no ano 2001 cando a nosa agrupación foi convidada a participar no programa de festas locais dunha das bandas con máis tradición e fama de toda España: A Primitiva de Lliria. \nActualmente a Banda Ateneo Musical de Negreira conta cuns trinta músicos e segue ofrecendo concertos\, organizando encontros de bandas e levando a cabo outras actividades que fomenten a participación do pobo no entusiasmo dos nosos músicos: concertos en datas sinaladas: Nadal\, Santa Icía\, audicións de clausura da escola de música\, proxectos de concertos didácticos para o vindeiro curso. Co fin de recadar fondos leváronse a cabo sorteos e unha subasta benéfica en Nadal. A banda pertence á Federación Galega de Bandas de Música Populares e está acollida ao plan cultural da Deputación Provincial da Coruña. \nAo longo destes dez anos contamos coa colaboración de diferentes músicos e profesores do ámbito profesional. Despois da dirección de Vicente Martín\, bombardino da Banda Municipal de Santiago\, asume o cargo de director Pablo Mato Collazo\, anterior profesor de frauta da nosa Escola Municipal e integrante dun gran número de agrupacións corais. Fernando Rey Mallo\, na actualidade profesor de trompeta do CMUS de Santiago de Compostela\, estivo á fronte da banda durante un ano despois do cal o sucedeu Simón Couceiro Rodríguez\, clarinete da Banda Municipal de Santiago e actual profesor de clarinete da nosa Escola Municipal. A finais do ano 2004 e ata o día de hoxe\, o puesto de director é ocupado por Raúl Martín Niñerola. \nA Banda Ateneo de Negreira realiza 10 concertos en todo o concello. Os dous concertos máis importantes son o concerto de Santa Cecilia e o Concerto de Letras Galegas. Estes dous concerto celébranse no auditorio do centro sociocultural e dende hai uns anos téntase facer concertos temáticos\, cun fío condutor entre todas as súas pezas. Os concertos restantes son o Festival de Bandas de Negreira\, que se celebra o segundo domingo de setembro nas festas de Santa Margarita\, o concerto das festas de San Cristovo\, a principios de xullo e 6 concertos nas parroquias de Negreira. Nos últimos anos colaboraron coa Banda Ateneo de Negreira distintas agrupacións como son Ultreia OCT realizando conxuntamente coa banda un concerto de música tradicional. O grupo indie/folk Closer\, que colaboraron coa Banda Ateneo no concerto “Unha tarde de rock”. Unha das últimas colaboracións coa banda foi a do grupo Picoro de Noia\, que xunto coa banda realizaron un dos concertos temáticos que desenvolve a Banda Ateneo de Negreira. \nRAÚL MARTÍN NIÑEROLA \nO percusionista e compositor Raúl Martín Niñerola naceu en Llíria (Valencia) o día 7 de marzo de 1983. Comenza os seus estudos no Ateneo Musical e de Ensinanza Banda Primitiva de Llíria. Está en posesión do título de profesor de percusión e do título Superior de Composición. Asiste a diversos cursos de perfeccionamento tanto no campo da percusión\, con profesores como Miguel Bernat\, Enrique Llopis\, Octors-Gustin Georges\, etc.\, como no da composición e orquestración\, con compositores como Antón García Abril\, Tomás Marco\, Zulema de la Cruz\, Carlos Cruz de Castro\, Ferrer Ferrán\, Andrés Valero Castells e Leonardo Balada. \nEntre os recoñecementos recibidos\, conta co galardón da Academia Tercer Milenio 2005 na especialidade de percusión outorgado pola Academia Mundial de Ciencias\, Tecnoloxía e Humanidades e co primeiro premio do II Concurso Galego de Composición para Bandas (2009). \nNas súas composiciones aborda diversos xéneros\, destacando as súas obras\, A revolta Irmandiña\, gañadora do I Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e obra obrigada no III Certame Galego de Bandas; L’ermita de Santa Bàrbara\, obra obrigada no Certame de Bandas da Comunidade Valenciana 2013; La Tuba Verde para tuba e piano\, obra obrigada no Concurso Internacional de Xóvenes Intérpretes “Ciutat de LLíria” e adicada ao tuba Daniel Llosà Peñarrocha\, Concertijo (para corno inglés e banda)\, estreada pola Banda Municipal de Santiago de Compostela baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis e o corno solista Aitor Llimerá Galduf. \nActualmente exerce a docencia como profesor de análise\, harmonía e historia da música no CEMU Profesional M.Peleteiro (A Coruña) e como director da Banda e da Escola de Música de Negreira (A Coruña). \nPrograma do concerto \n– Enrique López (Antón Alcalde) \n– Highlights from Chess (Ulvaeus-Andersson\, arr. Johan de Meij) \n– The Ghost ship (J. Alberto Pina) \n– Vals da Balouta (J.L. Represas) \n– Noites de lúa na Praia (Campos/Represas) \n– Troulada (Xosé Iglesias Ramilo) \n– Namoriqueira (J. Carracedo) \n– Muiñeira dos pendellos (J. Lois Diéguez)
URL:https://bandas-new2.proxectos.eu/evento/banda-ateneo-musical-de-negreira/
LOCATION:32500 Carballino\, Ourense
CATEGORIES:País das bandas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://bandas-new2.proxectos.eu/wp-content/uploads/2021/08/por-defecto-img.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR