BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Federación Galega - ECPv5.10.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Federación Galega
X-ORIGINAL-URL:https://bandas-new2.proxectos.eu
X-WR-CALDESC:Events for Federación Galega
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20210926T120000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20210926T130000
DTSTAMP:20260411T183450
CREATED:20210926T100031Z
LAST-MODIFIED:20211110T184058Z
UID:3219-1632657600-1632661200@bandas-new2.proxectos.eu
SUMMARY:Unión Musical de Coruxo
DESCRIPTION:O país das bandas  > Unión Musical de Coruxo \nUnión Musical de Coruxo\nPraza do Concello\, Gondomar  \n\n26 Setembro 2021\, 12:00 \nDescrición\n\nFundada no ano 1880\, a Unión Musical de Coruxo é a decana das bandas de música de Vigo e unha das máis antigas de Galicia. E malia que en 1972 cesou a súa actividade\, a ilusión dos veciños impulsou a reaparición apenas 10 anos despois.  \nDende entón\, participou activamente na vida cultural da cidade\, o que lle valeu o título de vigués distinguido\, a máxima condecoración do concello olívico. Amais\, estivo presente en acontecementos de relevancia\, coma a recepción á S. M. D. Xoán Carlos I na final de Copa do Rei de 1994\, ou a multitudinaria procesión do Cristo de Vigo que reúne anualmente a máis de 300.000 fieis. Tamén competiu en distintos certames provinciais e nacionais\, alzándose entre outros co primeiro premio no quincuaxésimo terceiro Certame de Bandas Cidade de Cullera. \nMalia á súa dilatada traxectoria\, a UMC conserva o seu espírito novo grazas\, en grande medida\, á forza da súa propia escola de música: un auténtico viveiro de futuras promesas e da que xa teñen saído intérpretes de renome internacional.  \nCunha decidida aposta por innovar\, pero dende o respecto á tradición dunha banda que o pasado ano celebrou 140 anos de historia\, o seu director D. Javier Quintas Alonso presenta un repertorio variado e que gusta por igual a netos e avós. \nFRANCISCO JAVIER QUINTAS ALONSO\nNace en Coruxo (Vigo) no ano 1972 e aidade de 8 anos comeza os seus estudosmusicais na escola de música da UniónMusical de Coruxo. \nAínda que os seus primeiros pasos comamúsico na Unión Musical de Coruxo foroncomo trompetista\, no ano 1985 inicia a súacarreira profesional ingresando no Conservatorio Superior de Música deVigo na especialidade de Frauta Traveseira\, acadando no ano 1997 atitulación de Profesor Superior de Frauta. \nFoi alumno de mestres coma Carlos Núñez\, Julio Cabo\, Miguel de Santiago\,e Fernando Raña entre outros\, cos cales asistiu a numerosos cursos deperfeccionamento instrumental. \nComo músico colaborou con diversas agrupacións\, entre elas cabedestacar\, Quinteto Ad Libitum\, Orquestra Clásica de Vigo\, Banda deMúsica da Mancomunidade de Vigo\, Banda de Música de Porriño\, BandaEscola de Beade\, etc. \nExerceu de profesor de Frauta Traveseira no Conservatorio Coppelia deVigo e nas escolas das bandas de música da contorna de Vigo como\, AsNeves\, Porriño\, San Miguel de Oia\, Vincios e Candeán. \nNa actualidade é profesor de música en varios colexios da comarca viguesae profesor de Frauta na Banda Escola de Beade. \nDende 1990 compaxinaesas actividades docentes coa de profesor de Linguaxe musical\, Frauta eCoro na Escola de Música da Unión Musical de Coruxo (ESMUCO) da que\,dende o ano 2012 faise cargo da xefatura de estudos. \nNo ano 2017 colle a batuta da antes citada Banda Escola (ESMUCO) edende Xaneiro do ano 2020 é director titular da Banda de Música UniónMusical de Coruxo.\n\nPrograma do concerto:\n– Enrique López (Antón Alcalde)\n– Airiños Aires (G. Freire)\n– Feiticeira (José Carracedo)\n– Muiñeira dos pendellos (Juan Lois Diéguez)\n– Amparito Roca (Jaime Teixidor)\n– Abba Gold (Ron Sebregts)\n– Medley Boleros (Utrera & Menéndez\, A. Lara\, arr. J. Molina)\n– Moment for Morricone (Ennio Morricone\, arr. Johan de Meij)\n– Orpheus in the underworld (Offenbach)\n– Forever UMC (José Bugallo Senra)
URL:https://bandas-new2.proxectos.eu/evento/union-musical-de-coruxo/
LOCATION:32500 Carballino\, Ourense
CATEGORIES:País das bandas
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://bandas-new2.proxectos.eu/wp-content/uploads/2021/08/por-defecto-img.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR